20 oct 2016

OS BOLECHAS VISITAN O COLE

Que sorpresa!! O día 18 de outubro tivemos a  visita dos bolechas. Viñeron acompañados dos directores xerais de Educación, Sanidade, 061 e persoal da editorial. Presentáronnos os libros : "Os bolechas salvan vidas", tamén subimos a ambulancias e  explicáronnos a importancia do traballo do 061.Ah... de regalo saímos cun montón de libros dos bolechas.Guai!!