12 dic 2013

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES/AS

O primeiro luns de decembro o alumnado de 6º convertiase en padriños e madriñas lectores do alumnado de 3 anos. Os maiores están encantados coa idea de apadriñar aos pequenos e xa levan días preparando os contos, intentando ser os seus amigos e axudalos no patio. Os primeiros luns de mes, ata rematar o curso, contaranlles un conto. Esperamos que a actividade teña o éxito do curso pasado.
 
 

3 dic 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas están viaxando outra vez. Pronto chegarán a vosa casa! A novidade é que para que poidades telas durante máis tempo como pediades este ano haberá dúas por curso.
Van cheas para que poidades compartir coas vosas familias unha historia,unha receta, un experimento, unha peli...
Lembrade que levan dentro o diario onde os pais/nais podedes plasmar as vosas opinións sobre a biblioteca e os libros. Os nenos tamén poderán escribir,facer debuxos... Boas lecturas!!
 

BÚSCASE MASCOTA PARA BIBLIOTECA

Urxente!! Buscamos unha mascota que represente  a biblioteca do noso cole. Por iso facemos o concurso da bibliomascota. Animádevos a participar. Estas son as bases:


 

28 nov 2013

DOLMEN SOLIDARIO

Sabedes que ao longo do curso estudaremos o tema : " A Prehistoria". Estamos documentándonos e empezando a traballar. Xa vos iremos informando. Para empezar, aproveitando as datas do Nadal, fixemos un DOLMEN SOLIDARIO. En colaboración con Cáritas queremos xuntar alimentos e produtos de primeira necesidade para compartir con quen máis necesita.

21 nov 2013

CONTOS PARA SAMAÍN

Polo Samaín os nenos e nenas de 2º escribiron uns contos terroríficos para celebrar esta data.
Felices pesadelos!!
 

DEBUXOS DE MEDO!!

Os alumnos de 5º e 6º fixeron uns terroríficos debuxos para decorar a entrada do cole. Que medo!!


14 nov 2013

CONTANDO HISTORIAS POLO SAMAÍN

Gústanos moito contar historias e agora que estamos en tempo de Samaín todavía máis. Así que os alumnos de 2º enviamos unha pomba mensaxeira e unha escocesa diabólica ás aulas de 1º e invitamos aos nosos compañeiros a escoitar un conto popular escocés: " O xigante de Escocia" .
 
 
                                                      
              

4 nov 2013

SAMAÍN NO COLE

É tempo de outono e polo tanto de Samaín. Por si algún despistado non se lembra, mirade a ambientación do cole e ... Feliz Samaín!!!

26 oct 2013

CHEGA O SAMAÍN

Pouco a pouco chegou o tempo do Samaín. Non sei si os nosos amigos cavernícolas xa o celebraban daquela. Podedes averigualo?
Buscando e rebuscando atopamos unha páxina moi chuli no Ceip de Teis en Vigo. Curioseádea e esperamos que vos guste.




BENVIDA CURSO 2013-14

Benvid@s ao novo curso 2013-14 e a nosa biblioteca. Empezamos con moitas ganas, polo tanto vos propoñemos que nos sigades na aventura de convertirnos en cavernícolas. Sí, escollede nos ciclos o aspecto da etapa da Prehistoria que máis vos guste e así entre tod@s coñeceremos esta parte fascinante da historia. Esperamos a vosa colaboración.
Esta é algunha bibliografía que podedes atopar na biblioteca.


4 jul 2013

DESPEDIDA DOS PADRIÑOS LECTORES

O pasado venres 14 fixemos a festa de despedida do padriños lectores.Fumos todos a merendar ao campo que rodea o noso colexio,pero como todo estaba mollado acabamos merendando nas pistas.Comimos pan e chocolate e houbo sorteo de agasallos  e libros para os pequechos adicados polos seus padriños.Ao final fixemos fotos.

16 may 2013

LETRAS GALEGAS 2.013

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, un santiagués apaixonado do teatro.
 
                                                                    CLICA AQUÍ

18 abr 2013

LEMBRANDO A GLORIA FUERTES

Con motivo do 15º aniversario do seu pasamento, os alumnos do 1º ciclo  lembramos a Gloria ilustrando algún dos seus poemas.

22 mar 2013

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía. Os alumnos inspirados polas musas crearon as súas propias poesías así como debuxaron algunha de poetas consagrados. Esperamos que vos gusten os traballos.

TRABALLANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o Día de Rosalía os alumnos de distintas clases fixeron moitos traballos. Por exemplo, 5º investigou sobre a vida da poetisa e recitaron unha apaixoada poesía.

                                                                     CLICA AQUÍ

20 feb 2013

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro, grande poetisa galega, naceu un 24 de febreiro alá polo ano 1.837. Por iso o domingo celebramos o Día de Rosalía. Para coñecela mellor fai estas actividades.

                                             CLICA AQUÍ

14 feb 2013

ENTROIDO 2013

Chegou o tempo do Entroido e como tódolos anos preparamos os nosos mellores disfraces e... á rúa. Este entroido adicámolo ao teatro, fixemos un telón, abrímolo e empezaron a desfilar indios, colombinas e pierrots, arlequíns, romanos, magos... un montón de cómicos dispostos a dar a función. Menos mal que escampou!!