12 dic 2013

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES/AS

O primeiro luns de decembro o alumnado de 6º convertiase en padriños e madriñas lectores do alumnado de 3 anos. Os maiores están encantados coa idea de apadriñar aos pequenos e xa levan días preparando os contos, intentando ser os seus amigos e axudalos no patio. Os primeiros luns de mes, ata rematar o curso, contaranlles un conto. Esperamos que a actividade teña o éxito do curso pasado.
 
 

3 dic 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas están viaxando outra vez. Pronto chegarán a vosa casa! A novidade é que para que poidades telas durante máis tempo como pediades este ano haberá dúas por curso.
Van cheas para que poidades compartir coas vosas familias unha historia,unha receta, un experimento, unha peli...
Lembrade que levan dentro o diario onde os pais/nais podedes plasmar as vosas opinións sobre a biblioteca e os libros. Os nenos tamén poderán escribir,facer debuxos... Boas lecturas!!
 

BÚSCASE MASCOTA PARA BIBLIOTECA

Urxente!! Buscamos unha mascota que represente  a biblioteca do noso cole. Por iso facemos o concurso da bibliomascota. Animádevos a participar. Estas son as bases: