12 nov 2014

CONTANDO CONTOS POLO SAMAÍN

Chega o Samaín, tempo de cabazas e de contos terroríficos. Este curso atopamos un conto moi curioso: un esqueleto que quería ser futbolista!!
Escoitade e veredes que teimudo.

                            CLICA AQUÍ

10 nov 2014

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE EXIPTO

Seguimos documentándonos sobre o Antigo Exipto.



VIDEO SOBRE EXIPTO

Mirade este sinxelo video sobre o Antigo Exipto. Todos/as a investigar para que o proxecto da biblioteca nos quede rechuli!!

                      CLICA AQUÍ

4 nov 2014

CORRE, CORRE CABACIÑA

Mirade que cabazas tan rechulas fixeron os nenos e nenas xunto coas familias para este Samaín.

3 oct 2014

UN POUCO DE EXIPTO

UN POUCO DE EXIPTO

Para ir coñecendo algo da civilización exipcia miramos esta presentación.

22 may 2014

DÍA DO LIBRO 2014

Que mellor maneira hai de celebrar o Día do Libro que cun libro xigante!! Este é o que fixemos entre todos.

 

6 may 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Xosé María Díaz Castro é o escritor homenaxeado polas Letras Galegas deste ano. Para coñecer  este autor mira estas actividades.

                                                     CLICA AQUÍ

DÍA DA POESÍA

O 3 de abril conmemoramos o Día da Poesía e tódolos alumnos e alumnas do cole o celebraron recitando moitas poesías e interpretando pequenas obras teatrais para os compañeiros. Todos disfrutaron moito.

22 abr 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Escoita e fai estas actividades para saber algo máis desta conmemoración.
                         CLICA AQUÍ

7 abr 2014

UN ENTROIDO PREHISTÓRICO

Este curso celebramos no cole un entroido troglodita total. Nesta presentación podedes ver unha mostra do moito que retrocedemos no tempo.
                                                  CLICA AQUÍ







20 mar 2014

HOMENAXE A ROSALÍA

Tódolos cursos traballaron para homenaxear a Rosalía de Castro no día do seu aniversario. Nada mellor que lembrala coa súa poesía.


13 feb 2014

LEMBRANDO A ROSALÍA

O día 24 de febreiro hai 177 anos que naceu Rosalía de Castro. Por iso celebraremos o Día de Rosalía para lembrar a nosa poetisa máis ilustre. Mentres, podedes ler e facer estas actividades .
                                               CLICA AQUÍ

--Object------------

FESTA POLA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, é un día grande porque celebramos o Día da Paz. Este ano lembramos a Mandela, falecido no mes de decembro. Tódolos alumnos deseñaron unha camisa parecida ás que Mandela vestía. Tamén se fixeron murais e outros símbolos para lembrar a súa figura.

10 feb 2014

CONCURSO DA BIBLIOMASCOTA

Últimas Novas:
O xurado xa está deliberando quen será a nosa mascota, pero é un traballo duro dado a gran calidade dos traballos presentados.
Nuns días coñeceremos a nosa Bibliomascota. Botade un ollo aos traballos presentados.

                                                                                                         

FINALISTA
GAÑADOR

22 ene 2014

PAZ 2014

Este ano celebraremos o Día da Paz, 30 de xaneiro, lembrando a figura de Nelson Mandela, recentemente falecido. Para saber algo máis podedes ver os seguintes enlaces.

                                                     CLICA AQUÍ

                                              
                                                      CLICA AQUÍ

                                                           CLICA AQUÍ

15 ene 2014

FESTIVAL DE NADAL 2013

Pouco a pouco chegamos ao Nadal. Remata o 1º trimestre e facemos unha gran festa actuando cada curso no festival. FELIZ NADAL!!