30 dic 2017

VÍDEOS FESTIVAL
















20 dic 2017

O COLE EN NADAL

Chegan tempos de Nadal, e...  decoramos o noso cole para recibir con ledicia estas Festas cheas de momentos entrañables e felicidade.

3 nov 2017

MAGOSTO 2017

Entre cantigas e castañas celebramos o magosto no colexio neste curso 2017-18.

SAMAÍN 2017

En tempo de Samaín  o cole luce as súas mellores cabazas e os decorados máis tenebrosos.

27 oct 2017

TEMPO DE OUTONO

Estamos en tempo de outono e preparad@s para celebrar o Magosto e Samaín. Empecemos por algunhas actividades mentres chega a festa no cole.
                             CLICA AQUÍ
                               CLICA AQUÍ

24 oct 2017

FESTA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celébrase o Día das Bibliotecas. A nosa pantasma está de festa e entre tódolos nenos/as fixémoslle un agasallo especial: "Os nosos libros favoritos".

13 oct 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O  24 de outubro celébrase o "Día das Bibliotecas". Dende o Equipo da Biblioteca propoñemos a seguinte actividade:
Recollida e Exposición de libros favoritos.
Animádevos e pensade no voso libro favorito!!

BENVID@S AO CURSO 2017-18

Un curso máis comeza a viaxe de tódol@s nen@s pola Biblioteca. Non podía faltar a "Mochila Viaxeira" para acompañarnos nesta nova aventura. Preparad@s para vivir con ela as máis fascinantes historias!!


19 may 2017

AS ÁRBORES DO NOSO COLEXIO

Os alumnos e alumnas de 6º de E. P estiveron estudando algunhas das moitas árbores que temos no cole e despois fixeron bonitas presentacións. Este libro é un resumo de todo o traballo realizado. Noraboa chic@s!!

16 may 2017

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS


12 may 2017

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Carlos Casares. Para saber máis mira estes Lims e podes facer as actividades segundo o teu nivel.
                            CLICA AQUÍ

10 may 2017

CONTINUAMOS CON ACTIVIDADES

A SEMANA DAS LETRAS SEGUE ADIANTE,
 E XA VIN QUE AS ESCALEIRAS TEÑEN OS TÍTULOS DOS VOSOS LIBROS PREFERIDOS.
¡QUE BEN ASÍ TOD@S SABEMOS MÁIS TÍTULOS!

¡¡¡ QUE  BONITO E COLORIDO!!!





3 may 2017

CONTINUAMOS COA SEMANA DO LIBRO

COMO A ACTIVIDADE DE CONTACONTOS TEN MOITA PARTICIPACIÓN IMOS POÑER MÁIS DIAS, ATA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, PARA QUE TOD@S POIDAN CONTAR CONTOS A OUTROS CURSOS.

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN   💇👨 👧👨👍👍👬👭
 MESA DE TROCOLIBROS ESTÁ SEMPRE EN MOVEMENTO CON MOITOS LIBROS QUE VEÑEN E VAN, POR ISO IMOS SEGUIR COA ACTIVIDADE TAMÉN ATA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.



 

QUE BEN ASÍ CAMBIAMOS OS LIBROS QUE XA LIMOS MOITAS VECES POR  OUTRO!

 

ISTO É COMO CAMBIAR OS CROMOS, NON SI?

27 abr 2017

OBRA DE TEATRO: O PARQUE ENFERMO





AS FADAS DA NATUREZA 

PRESENTAN UNHA HISTORIA QUE SUCEDEU NUN PARQUE ONDE HABÍA ÁRBORES, PRANTAS, PERSOAS...


AS ÁRBORES DO PARQUE

CONTAN O QUE LLES PASOU O ANO PASADO



OS NENOS E NENAS 

XOGABAN NO PARQUE SEN IMPORTARLLE  ESTROPEALO


O XARDINEIRO E A XARDINEIRA

DANSE CONTA DE QUE AS ÁRBORES E FLORES ESTÁN ROTAS E SEN FOLLAS, E O CHAN CHEO DE PORQUERIA.


DUAS PERSOAS MAIORES

FALAN COS XARDINEIROS DE QUE O PARQUE ESTÁ CADA VEZ MAIS SUCIO E ESTROPEADO,  O PARQUE ESTÁ ENFERMO.



AVISAN A ALCALDESA 

OS XARDINEIROS  DINLLE QUE O PARQUE ESTÁ ENFERMO.

 CHAMAN A MÉDICA

EXAMINA AS PRANTAS E AS ÁRBORES,
E DASE CONTA QUE NO PARQUE HAI MOITA PORQUERIA, E AS ÁRBORES ESTANSE SECANDO.

XA NON HAY SOLUCIÓN....





UNHA PERSOA ESPECIAL

DASE CONTA DO QUE SUCEDE, E SACA DA SÚA BOLSA TERRA LIMPA NO CHAN,
E AS ÁRBORES E PLANTAS RECUPÉRANSE.


 TODA A XENTE DASE CONTA DO BONITO QUE ESTÁ O PARQUE.

¡O PAQUE ESTÁ CURADO!

E DECIDEN COIDALO PARA NON VELO ESTROPEADO NUNCA MAIS.






AS ÁRBORES  AINDA QUE NON FALEN, TEÑEN VIDA E TEMOS QUE COIDALOS E RESPETALOS.
LEMBRAR SEMPRE QUE HAI QUE COIDAR TODO AQUELO QUE DE VERDADE AMAMOS E NECESITAMOS, PORQUE ESTAMOS COIDANDO O NOSO PROPIO FUTURO.

26 abr 2017

CENTENARIO GLORIA FUERTES


21 abr 2017

20 abr 2017

RECOMENDAMOS LIBROS

Ola, somos Eva e Laura de 3º e queremos que disfrutedes destes libros que vos presentamos igual que o  fixemos nós.
                                             
                                                    CLICA AQUÍ                      CLICA AQUÍ

28 mar 2017

SEMANA DA POESÍA EN 3º

HAIKUS 
(poesía tradicional xaponesa)
 realizados polo alumnado de 3º
 para celebrar o día da poesía

27 mar 2017

SEMANA DA POESÍA

A ÁRBORE DA POESÍA 

ESCRIBIRONSE POESIÁS DE ROSALÍA CASTRO

PUXEMOS UN CARTEL PARA ANIMARVOS




A SER POETAS POR UN DÍA














  E  LEMBRAMOS QUE TAMÉN É O DÍA DA ÁRBORE



MOITOS ALUMNOS E ALUMNAS 
 PARTICIPARON FACENDO POESÍAS INVENTADAS COA MÚSICA DAS SÚAS CANCIÓNS PREFERIDAS, GUSTOULLES MOITO.
E A MIN TAMÉN GUSTOUME MOITO, 

!!!PARABÉNS  POETAS!!!!

😜😛😜😜😜😜


                                                       VÍDEO 6º E. P ADEUS RÍOS




25 mar 2017

PADRIÑOS LECTORES 2017

Os nenos e nenas de 6º de Primaria visitan aos afillados de 3 anos e representan "A mosca chosca" Que ben o pasaron!!

27 feb 2017

ENTROIDO 2017

Este curso adicamos o Entroido ao mundo das árbores. Neste desfile non faltaron árbores, gnomos, xoaniñas e outros animais, flores...
e por suposto as lambetadas típicas para rematar. FELIZ ENTROIDO!!


25 feb 2017

DÍA DE ROSALÍA

Recitando poemas de Rosalía no seu día.

















CLICA AQUÍ

21 feb 2017

RECOMENDACIÓNS DO ALUMNADO DE 3º DE LIBROS INTERESANTES

Ola chic@s: Os/as compañeiros/as de 3º de E. Primaria recomendamos varios libros que nos resultaron interesantes por varios motivos. Non deixedes de buscalos na biblioteca e esperamos que vos gusten a vós tamén. Felices lecturas!!

16 feb 2017

ROSALÍA DE CASTRO

Escoita esta pequena biografía de Rosalía de Castro, escritora que celebra o seu día o 24 de febreiro.

--Object------------ --Iframe------------ --Url--------------- https://www.chiscos.net/xestor/chs/juliaperez/rosalia1/lim.swf?libro=rosalia.lim

18 ene 2017

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS E DEBUXO

Ola chic@s, son de novo a pantasma. Vouvos dar unha nova estupenda. Os alumnos de 6º de E. Primaria, Ela González Costa e Paulo Alexandre Rey Borrega gañaron o 1º e o 3º premio do concurso de Relatos e Aminata Diallo Lecea levou o 1º premio do concurso de Debuxo organizados polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia(IIAG) na Semana da Ciencia. Noraboa!