29 oct 2012

PADRIÑOS LECTORES

Os alumnos e alumnas de 6º son uns padriños moi especiais. Teñen uns afillados/as en infantil aos que lles len contos. Todos o pasaron xenial na biblioteca!!


25 oct 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO

A biblioteca é o lugar no que se atopa o saber e nós cando lemos formamos parte del. Mirade este video, veredes coma na biblioteca cabemos todos.

19 oct 2012

MÚSICA PARA O SAMAÍN

Pouco a pouco vai chegando o tempo do Samaín, mentres esperamos a visita dos terroríficos monstros botemos un baile coa marchosa música do Rock do Samaín. Move o teu esqueleto!!



DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. Estaremos de festa, polo tanto podedes festexar con nós regalándolle á nosa biblioteca un conto, poesía, debuxo...


Dende a biblioteca publicamos un libro cos traballos realizados polos alumnos do 1º ciclo do curso 2011-12 sobre Marrocos. Noraboa e a continuar pequenos escritores!!



CLICA NA IMAXE

4 oct 2012

LEMOS UN CONTIÑO

Un libro da biblioteca devolveulles a visita aos nenos de 1º. Despois dos saúdos, comezaron a ler a historia de Paco Trolas, o ratiño que contaba mentiras para non ir á escola. Escoitade.


BENVIDOS TOD@

A biblioteca da a benvida a tódolos nenos e nenas e espera velos pronto. Uf, que aburrida estivo durante o verán!! Os nenos/as de 1º foron visitala e Ana presentoulles moitos libros que están desexando correr mil aventuras con eles.