28 oct 2016

SAMAÍN NO RAÍÑA FABIOLA

QUÉDAVOS AQUÍ UNHA MOSTRA DA SEMANA MORTAL QUE ESTIVEMOS A PASAR NO COLEXIO RAÍÑA FABIOLA. RECOMENDAMOS QUE AS PERSOAS SENSIBLES A TAN TERRORÍFICAS IMAXES AS VEXAN CON ALGUÉN PREPARADO PARA ELO....

24 oct 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Na nosa, tivemos unha gran festa.Visitounos a escritora Mª José Gulín para presentarnos dous dos seus libros: "O zapateiro no bosque" e "Unha escola nas nubes". Os/as alumnos/as disfrutamos moito.




20 oct 2016

OS BOLECHAS VISITAN O COLE

Que sorpresa!! O día 18 de outubro tivemos a  visita dos bolechas. Viñeron acompañados dos directores xerais de Educación, Sanidade, 061 e persoal da editorial. Presentáronnos os libros : "Os bolechas salvan vidas", tamén subimos a ambulancias e  explicáronnos a importancia do traballo do 061.Ah... de regalo saímos cun montón de libros dos bolechas.Guai!!

14 oct 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS


MOCHILAS VIAXEIRAS


A biblioteca escolar volve a poñer en funcionamento AS MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida tiveron o curso pasado.
 
 As familias podedes axudarnos a melloralas escribindo as vosas opinións no DIARIO DA MOCHILA,sobre

 O MEU PERSONAXE FAVORITO.


 Lembrade que estarán con vos unha semana (xeralmente de xoves a mércores) e logo tedes que traelas para que outr@ nen@ poda gozar dos libros que nela se inclúen.

Lembrámosvos tamén de que admitimos doacións de libros en bo estado.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E 
                       BOAS LECTURAS!!!!!