18 ene 2017

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS E DEBUXO

Ola chic@s, son de novo a pantasma. Vouvos dar unha nova estupenda. Os alumnos de 6º de E. Primaria, Ela González Costa e Paulo Alexandre Rey Borrega gañaron o 1º e o 3º premio do concurso de Relatos e Aminata Diallo Lecea levou o 1º premio do concurso de Debuxo organizados polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia(IIAG) na Semana da Ciencia. Noraboa!