23 dic 2016

FESTIVAL DE NADAL

A pantasma da biblioteca felicita ao alumnado e  aos seus profesores/as polas actuacións no festival de Nadal. Paseino xenial!! Que artistas!!

20 dic 2016

FELIZ NADAL

A pantasma da biblioteca xunto ao alumnado, profesores e toda a comunidade educativa desexamos que teñades un "BO NADAL".

VÍDEO FELICITACIÓN




19 dic 2016

PADRIÑOS LECTORES

Os alumnos/as de 6º de E. Primaria teñen un primeiro encontro co alumnado de 3 anos como padriños lectores. Seguro que van ter momentos estupendos e enriquecedores como sucedeu en cursos anteriores.



9 dic 2016

ADORNOS DE NADAL

10 nov 2016

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Tempo de outono , tempo de ricas castañas e cantigas populares coas que celebramos o magosto. Aquí temos unha mostra.

28 oct 2016

SAMAÍN NO RAÍÑA FABIOLA

QUÉDAVOS AQUÍ UNHA MOSTRA DA SEMANA MORTAL QUE ESTIVEMOS A PASAR NO COLEXIO RAÍÑA FABIOLA. RECOMENDAMOS QUE AS PERSOAS SENSIBLES A TAN TERRORÍFICAS IMAXES AS VEXAN CON ALGUÉN PREPARADO PARA ELO....

24 oct 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Na nosa, tivemos unha gran festa.Visitounos a escritora Mª José Gulín para presentarnos dous dos seus libros: "O zapateiro no bosque" e "Unha escola nas nubes". Os/as alumnos/as disfrutamos moito.




20 oct 2016

OS BOLECHAS VISITAN O COLE

Que sorpresa!! O día 18 de outubro tivemos a  visita dos bolechas. Viñeron acompañados dos directores xerais de Educación, Sanidade, 061 e persoal da editorial. Presentáronnos os libros : "Os bolechas salvan vidas", tamén subimos a ambulancias e  explicáronnos a importancia do traballo do 061.Ah... de regalo saímos cun montón de libros dos bolechas.Guai!!

14 oct 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS


MOCHILAS VIAXEIRAS


A biblioteca escolar volve a poñer en funcionamento AS MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida tiveron o curso pasado.
 
 As familias podedes axudarnos a melloralas escribindo as vosas opinións no DIARIO DA MOCHILA,sobre

 O MEU PERSONAXE FAVORITO.


 Lembrade que estarán con vos unha semana (xeralmente de xoves a mércores) e logo tedes que traelas para que outr@ nen@ poda gozar dos libros que nela se inclúen.

Lembrámosvos tamén de que admitimos doacións de libros en bo estado.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E 
                       BOAS LECTURAS!!!!!



30 sept 2016

                                                  XA ESTAMOS DE VOLTA
Xa podedes pasarvos pola biblioteca 
a coller libros e gozar da aventura de ler. 
Alí vos espero que xa teño
moitas ganas de vervos.


O PRÉSTAMO de libros comenzou o mércores 21 de setembro do 2016.
 
 
Este é o
HORARIO DE PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓN




LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9,10/9,40
PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN





10,00/10,30
PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

10,30/11,20


PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

PRÉSTAMO
DEVOLUCIÓN

  
VÉMONOS !!!!!!!!!!!

4 ago 2016

ANTIGAS CIVILIZACIÓNS: GRECIA E ROMA

Os alumnos/as de 5º de primaria realizaron estas estupendas maquetas sobre o tema proposto pola biblioteca "As antigas civilizacións: Grecia e Roma"








A ANTIGA ROMA

Os alumnos/as de 4º de primaria realizaron na aula de informática unhas presentacións sobre o tema proposto pola biblioteca para todo o centro " A antiga Roma".


              clica aquí





17 mar 2016

DÍA DA POESÍA

Os alumnos/as de 4º elaboramos este poemario para festexar o Día da Poesía que será o 21 de marzo. Que as musas nos acompañen!!


8 mar 2016

7 mar 2016

DÍA DA MULLER

                                                          CLICA AQUÍ

6 mar 2016

POEMAS DIVERTIDOS

O día 8 de marzo conmemoramos "O Día da Muller Traballadora" empezamos cuns poemiñas divertidos  que nos falan de igualdade e coeducación.