21 dic 2012

TREN DA SOLIDARIEDADE

O tren da solidariedade fixo a súa saída da estación Raíña Fabiola rumbo a un destino importante. Grazas a todas as familias que non dubidaron en subirse a este tren.


20 dic 2012

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

O Equipo da Biblioteca fai unhas recomendacións de posibles lecturas para estas vacacións de Nadal. Boas Festas e unhas felices lecturas.


16 dic 2012

OTA QUERE VOAR

Os  alumnos e alumnas de 4º leron o libro "Ota quere voar" da escritora Ánxela Loureiro e despois fixeron este interesante traballo.



26 nov 2012

VIOLENCIA CERO

O  25 de novembro foi declarado día internacional contra a violencia cara a muller, tamén chamada violencia de xénero.

CLICA NA IMAXE
Escoita a gravación dos alumnos/as de 1º do libro "Nin un biquiño á forza"


Podes ver este vídeo da "Junta de Andalucía" sobre  a igualdade e despois ler o conto sobre as cores que busca que te busca atopamos na páxina do Ceip de Frian-Teis ( Vigo ). Esperamos que sirva para facer homes e mulleres mellores.










19 nov 2012

MAGOSTO 2012

O magosto é unha festa que celebramos tódolos anos no cole. Este curso foi o día 9 de novembro. Vaia festa rachada!!


                       CLICA NA FOTO

12 nov 2012

EL TREN DE LOS MONSTRUOS

En tempo de Samaín chega ao colexio un tren moi especial, veredes que monstros veñen nel.


7 nov 2012

FESTA DO SAMAÍN

En tempos de Samaín non podía faltar unha festa terrorífica. Esta é unha pequena mostra das actuacións dos distintos cursos.


SAMAÍN 2.012

É tempo de Samaín e vaia!! un terrorífico cole abre as súas portas. Entre todos: familias, alumnos e profes traballamos de medo. Cantas cabaciñas e debuxos!


29 oct 2012

PADRIÑOS LECTORES

Os alumnos e alumnas de 6º son uns padriños moi especiais. Teñen uns afillados/as en infantil aos que lles len contos. Todos o pasaron xenial na biblioteca!!


25 oct 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO

A biblioteca é o lugar no que se atopa o saber e nós cando lemos formamos parte del. Mirade este video, veredes coma na biblioteca cabemos todos.

19 oct 2012

MÚSICA PARA O SAMAÍN

Pouco a pouco vai chegando o tempo do Samaín, mentres esperamos a visita dos terroríficos monstros botemos un baile coa marchosa música do Rock do Samaín. Move o teu esqueleto!!



DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. Estaremos de festa, polo tanto podedes festexar con nós regalándolle á nosa biblioteca un conto, poesía, debuxo...


Dende a biblioteca publicamos un libro cos traballos realizados polos alumnos do 1º ciclo do curso 2011-12 sobre Marrocos. Noraboa e a continuar pequenos escritores!!



CLICA NA IMAXE

4 oct 2012

LEMOS UN CONTIÑO

Un libro da biblioteca devolveulles a visita aos nenos de 1º. Despois dos saúdos, comezaron a ler a historia de Paco Trolas, o ratiño que contaba mentiras para non ir á escola. Escoitade.


BENVIDOS TOD@

A biblioteca da a benvida a tódolos nenos e nenas e espera velos pronto. Uf, que aburrida estivo durante o verán!! Os nenos/as de 1º foron visitala e Ana presentoulles moitos libros que están desexando correr mil aventuras con eles.


23 feb 2012

Visita dun escritor.


O vindeiro 16 de abril visitará o noso centro o escritor Xurxo Silvestre Gómez .
Reunirase cos alumnos de 4º e 5º que leron o seu libro recomendado pola biblioteca Ti Non Xogas.

8 feb 2012

As bibliotecas no cine



Bibliotecas que aparecen en distintas películas.

O que fan os libros de noite


Video titulado "The Joy of books" (A ledicia dos libros) realizado na tenda Type of Books de Toronto por Sean Ohlenkamp e a súa muller.
Esta clase de traballos son coñecidos como stop-motion.

ORGANIZANDO A BIBLIOTECA


Dende Toronto cheganos este video de cómo se pode organizar unha biblioteca.
Realizado poe Sean Ohlenkamp e a súa muller

12 ene 2012

Historias da vida .Isaac Díaz Pardo








Isaac Díaz Pardo, intelectual galego, finou o pasado día 5 despois dunha vida adicada a Galiza. Descanse en paz.