28 nov 2013

DOLMEN SOLIDARIO

Sabedes que ao longo do curso estudaremos o tema : " A Prehistoria". Estamos documentándonos e empezando a traballar. Xa vos iremos informando. Para empezar, aproveitando as datas do Nadal, fixemos un DOLMEN SOLIDARIO. En colaboración con Cáritas queremos xuntar alimentos e produtos de primeira necesidade para compartir con quen máis necesita.

21 nov 2013

CONTOS PARA SAMAÍN

Polo Samaín os nenos e nenas de 2º escribiron uns contos terroríficos para celebrar esta data.
Felices pesadelos!!
 

DEBUXOS DE MEDO!!

Os alumnos de 5º e 6º fixeron uns terroríficos debuxos para decorar a entrada do cole. Que medo!!


14 nov 2013

CONTANDO HISTORIAS POLO SAMAÍN

Gústanos moito contar historias e agora que estamos en tempo de Samaín todavía máis. Así que os alumnos de 2º enviamos unha pomba mensaxeira e unha escocesa diabólica ás aulas de 1º e invitamos aos nosos compañeiros a escoitar un conto popular escocés: " O xigante de Escocia" .
 
 
                                                      
              

4 nov 2013

SAMAÍN NO COLE

É tempo de outono e polo tanto de Samaín. Por si algún despistado non se lembra, mirade a ambientación do cole e ... Feliz Samaín!!!