3 dic 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas están viaxando outra vez. Pronto chegarán a vosa casa! A novidade é que para que poidades telas durante máis tempo como pediades este ano haberá dúas por curso.
Van cheas para que poidades compartir coas vosas familias unha historia,unha receta, un experimento, unha peli...
Lembrade que levan dentro o diario onde os pais/nais podedes plasmar as vosas opinións sobre a biblioteca e os libros. Os nenos tamén poderán escribir,facer debuxos... Boas lecturas!!